Marcos Castro e Adrián Domínguez adxudicáronse a cita riveirense
Riveira acolleu a última regata clasificatoria de Cadete antes do autonómico de febreiroOlalla Monteagudo e Alba González levaron o trofeo ás primeiras mulleres clasificadas
Luns, 26 de xaneiro de 2009.- O Club Náutico e Deportivo de Riveira acolleu este fin de semama, a última regata clasificatoria da clase antes da celebración do Campionato Galego que terá lugar en augas da bahía de Baiona, organizado polo Monte Real Club de Yates da localidade do Val Miñor.Cunha vintena de barcos, en total 22, só se puido disputar a primeira xornada, que se converteu nun pracenteiro día para a navegación, a pesar da dura meteoroloxía que azoutou a costa galega durante estes días. Con todo, o segundo día de probas foi suspendido. O desprazamento cara á dereita do vento atopou unha vía libre entre o sistema montañoso que gorece a poboación riveirense, converténdose nunha canle directa de entrada para os chuvascos, que corrían pola mar con especial forza, traendo consigo intensas descargas de saraiba.Numerosos vuelcos neste segundo día, e regreso a terra, cunha flota algo tocada pola virulencia do vento. Validadas as tres mangas do sábado, a regata clasificatoria, puntuable para entrar a formar parte da Selección Galega Caixanova de Cadete, foi adxudicada a Marcos Castro e Adrián Dominguez, con 6 puntos. Os regatistas do Liceo Casino de Vilagarcía estiveron sempre en postos de podio, cuns parciais de 2,1 e 3. Os segundos clasificados, e rompendo a hexemonía liceista sobre a clase, foron Luís Bugallo e Miguel Gómez, do Real Club Náutico de Vigo, que quedaron a só dous puntos dos primeiros, grazas aos seus postos 3, 4 e 1. Terceiros no podio situáronse Santiago González e Agustín Costa, de Vilagarcía, con 10 puntos.Os cuartos clasificados na listaxe da xeral foron Pablo Conde e Pablo Ríos, do náutico vigués, con 12 puntos, e quintos, Oscar e Ricardo Lages, do Liceo de Vilagarcía.En canto á clasificación feminina, destacar a actuación de Olalla Monteagudo e Alba González, do Liceo Casino de Vilagarcía, que levaron as placas ás primeiras clasificadas na súa categoría, ademais de situarse sétimas na xeral.
Esta noticia fue sacada de la pagina de la federacion gallega de vela y la subi ya que fui yo el ganador de esta regata

No hay comentarios:
Publicar un comentario